En cumprimento do previsto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e atendendo á finalización do período de goberno para o que foi elixida no ano 2020, a Xunta Directiva, na súa reunión de 9 de marzo de 2024, decidiu convocar ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DA SECCIÓN DE PSICOLOXÍA XURÍDICA DO COPG.
A data da Xornada Electoral será o SÁBADO, 22 DE XUÑO DE 2024 e o proceso para a elección dos órganos de goberno citados desenvolverase de acordo co calendario axunto e as normas previstas no Regulamento de Réxime Interior da Sección, no Regulamento Marco das Seccións Profesionais e nos Estatutos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Co obxecto de supervisar o proceso, constitúese a Comisión Electoral que estará formada polo presidente, a secretaria e unha vogal da Comisión de Ética e Deontoloxía.
Convocatoria de eleccións á Xunta Directiva de Xurídica